28/01/2017 Casanova sony mccutchen

GANDAGRO 2017. Casanova Sony Mccutchen Xovenca Gran Campiona

No recinto Feiral de Silleda, dentro do marco de Cimag GandAgro 2017, celebrouse os días 27 e 28 de Xaneiro, organizado por Fefriga, o Concurso Autonómico da Raza Frisona e Open Internacional. Representando á provincia da Coruña, participaron as ganderías "Carro", "Casás", "Finca Asunción", "Pistulario" e "SAT A Campa".

En canto os resultados, destacar a "Casanova Sony Mccutchen" da gandería CARRO S.L. de Mesía que acadou os premios de Xovenca Gran Campiona Internacional e Autonómica, confirmando, unha vez mais, o seu dominio nos últimos concursos celebrados. Esta novilla conta no seu palmarés, entre outros premios, con 2 grandes campionatos de España, obtidos nos Concursos Nacionales de CONAFE, de 2015 e 2016.