15/12/2017 Xenomica  web

Formación Controladores

O dia 15 de Decembro de 2017, aproveitando a reunión anual de Xunta Directiva e persoal de Africor-Coruña, celebrouse unha charla para os controladores, sobre "a importancia da xenómica na mellora xenética da Raza Frisona", impartida por José Antonio Jiménez do Departamento Xenómica de Conafe.

A continuación, aproveitouse a xuntanza para repasar o funcionamento da aplicación CONAFEMAT, co obxectivo de que os controladores, servan de apoio aos gandeiros, no uso desta ferramenta, para facer os apareamentos nas explotacións de control leiteiro de A Coruña.

O interese amosado polo persoal e Xunta Directiva de Africor-Coruña, provocou que a conferencia, preparada nun principio, para unha duración de 1 hora, se alargara ata as 2 horas e media.

A Xunta Directiva de Africor-Coruña, a través do seu Presidente, Manuel Antelo, entregou un obsequio a José Antonio Jiménez, pola boa predisposición amosada en todo momento para impartir esta xornada formativa.


1
2
3
4
5
6
7
8