Servizos

Content 001 leteiro

Control Leiteiro

Africor-Coruña, ten como actividade principal a realización do Control Leiteiro Oficial, na provincia de A Coruña, función que ven realizando dende a súa creación en 1.992, e pola cal está recoñecida como entidade colaboradora, da Consellería do Medio Rural. Os controladores visitan mensualmente as explotacións, inscritas no Control Leiteiro, e recollen a información individual de cada vaca, e toman unha mostra para analizar a graxa, proteína, e reconto celular. Tamén se encargan de recoller altas de animais, baixas, inseminacións, partos, e todas aquelas incidencias relacionadas con este programa, como facilidade de parto, velocidade de muxido, etc. Todos estes datos despois de procesados, nunha aplicación informática, xestionada polo CEGACOL (Centro Galego de Control Leiteiro), serven de soporte para o desenrolo dos programas xenéticos de mellora da Raza Frisona, e para a xestión técnico-económico das ganderías. Os gandeiros asociados pagan a maior parte do custe deste servizo, mentres que as Administracións públicas, mediante un convenio, coa Consellería do Medio Rural, destinan unha partida económica, proporcional a cantidade de lactacións válidas, enviadas o MAGRAMA, a través de CONAFE (Confederación de Asociaciones de Frisona Española).


Content 004 sms

Calidade do leite. Envío alertas ó móbil

Para facilitar a mellora da calidade do leite, Africor-Coruña, tan pronto como recibe os resultados dos análises individuais de cada vaca, envía a tódolos gandeiros, un SMS ao móbil, informando cales son as reprodutoras con RC alto, para que no seguinte muxido, se poidan adoptar medidas preventivas.


Content 003 concurso

Concursos e Poxas

Africor-Coruña, organiza poxas para promocionar a compravenda de xovencas, nadas e criadas nas explotacións de Control Leiteiro, e o persoal da Asociación colabora na selección, doma e preparación de animais, participantes en concursos e actividades de promoción do sector leiteiro. Estes actos serven como escaparate para difundir os programas de mellora xenética da Raza Frisona.


Content 005 seminais

Reparto doses seminais

Africor-Coruña, encárgase do reparto das doses de seme, do centro Xenética Fontao, procedentes do Programa de Mellora Gandeira de Galicia, obriga recollida no convenio de colaboración firmado coa Consellería do Medio Rural. Os touros a repartir, son seleccionados previamente, por unha mesa, na que están representadas Xenética Fontao, as Africores e Fefriga.


Content 002 libro

Libro Xenealóxico

Durante a visita mensual que realizan os controladores, encárganse de tramitar as altas e baixas dos animais no Libro Xenealóxico da Raza Frisona, cumprimentando os impresos necesarios. Posteriormente, esta documentación envíase a FEFRIGA, entidade encargada en Galicia da Xestión do Libro Xenealóxico, por delegación de CONAFE. Na seguinte visita, os controladores, devolven a cada gandería, os certificados de rexistro dos animais inscritos no Libro Xenealóxico, e aproveitan para realizar as comprobacións oportunas. Segundo o regulamento do Libro Xenealóxico, os animais, ten que seren dados de alta, dentro dos 3 meses seguintes a súa data de nacemento.