20/11/2016 Web campa defender shona fiv et

Mazaricos Poxa Xovencas 2016

O día 20 de Novembro de 2016, organizada por Africor-Coruña, Concello de Mazaricos, e Asociación de Gandeiros de Mazaricos, con boa afluencia de público e compradores, celebrouse no Recinto Feiral de A Picota a X Poxa de Xovencas.

Presentaronse 18 xovencas preñadas, sendo vendidas todas elas, por un importe total de 35.950 €, sendo o prezo medio por animal de 1.997 €.

A xovenca mellor pagada foi “Campa Defender Shona FIV ET”, unha filla de “Defender”, descendente dunha vaca procedente de la finca ET de Bos, vendida en 2.550 €. Este animal, comprouno o gandeiro de Santiago, Jorge Míguez. Tamén acadaron cotizacións destacadas “Nuveira Pita Jordan”, adxudicada á gandería Couquiño S.C. de Dumbría, en 2.300 €, “Vieites Tera Bradnick”, comprada pola explotación Rodríguez Paredes S.C. de Trazo, e “Maroñas 467 Xacobeo”, con destino a granxa Canabal de Boqueixón.

Xenética Fontao, como ven sendo habitual, obsequiou aos compradores, por cada animal adquirido, con 3 doses de seme de “Delano”  e 3 de “Quixote”.

Como novidade, nesta edición, salientar e agradecer a colaboración de distintas casas comerciais, que doaron á organización, 6 vales de produtos, para sortear entre los gandeiros compradores.

RESULTADOS